Sección - Normal People / Explota Explota
ProcastiNation - Un pódcast de Bocachanclas Productions

Categorías:
Sección Don Lois do episodio PN02 Normal People é unha serie (poderiamos dicir "de autora"), que percorre a historia de amor entre dous rapaces o longo de varios anos. Baseada na novela homónima, adaptada pola propia autora, Sally Rooney. Explota Explota baséase na música de Rafaela Carrá para contarnos a liberación sexual que se produciu na televisión pública española nos anos 70. Protagonizada por Ingrid García-Johnson, busca facernos bailar.